INFORMACIÓN XERAL 

Lugar de celebración: Aula de Informática 4 da Facultade de Matemáticas da USC (Campus Vida)

Datas: do 20 ao 24 de xullo de 2026

Horario: de 9 a 14h

Contacto: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

 

OBXECTIVOS 

Na actual “sociedade datificada” todo se cuantifica, e faise preciso dispor de ferramentas que permitan extraer información relevante dos datos capturados, resumíndoa e visualizándoa de xeito sinxelo. É neste escenario onde a Estatística xoga un papel fundamental no resumo de datos, obtención de predicións e establecemento de modelos que permitan explicar a realidade.

 

A metodoloxía estatística precisa de ferramentas para a extracción de información e a visualización de datos. Neste senso, o programa de libre disposición R tense convertido no paquete estatístico de referencia na maioría dos centros de investigación e universidades, e o seu uso estase estendendo tamén no ámbito privado: en pequenas empresas ou grandes corporacións como Google. Outro aspecto importante é que R constitúe unha linguaxe de programación sinxela e flexible, que permite un control total sobre a análise que se está a desenrolar.

 

Neste marco, os obxectivos que se formulan para este curso son: (1) que o alumnado coñeza as funcionalidades básicas de R como programa para o tratamento estatístico de datos e (2) que adquira as habilidades necesarias para desenvolver análises estatísticas descritivas e inferenciais (estimación, contrastes e predicións). Tamén se darán a coñecer ferramentas de busca e axuda que permitan aos/ás asistentes afondar nos métodos dispoñibles.

 

 

BREVE DESCRICIÓN DOS CONTIDOS 

Neste curso abordaranse diferentes técnicas estatísticas, tanto descritivas como inferenciais, e a súa ilustración co paquete estatístico R, empregando diferentes bases de datos reais. Os contidos que se abarcarán, xunto coa súa distribución horaria, veñen resumidos na seguinte táboa:

 

Módulo 1: Introdución a R 

  • Descarga e instalación.
  • Familiarización coa interface de R.
  • Manexo de librarías. Interfaces gráficas.
  • Lectura e tratamento de datos.

5 horas 

Módulo 2: Estatística Descritiva

  • Clasificación de variables aleatorias.
  • Táboas de frecuencias.
  • Medidas características.
  • Representacións gráficas.
  • Táboas de continxencia.
  • Diagrama de dispersión. Medidas de correlación.

6 horas 

Módulo 3: Inferencia Estatística Paramétrica

  • Introdución á Inferencia Estatística.
  • Estimación e intervalos de confianza: media, varianza e proporción.
  • Contrastes de hipóteses: media, varianza e proporción.
  • Comparación de poboacións.

6 horas 

 Módulo 4: Inferencia Estatística Nonparamétrica 

  • Introdución á Inferencia Estatística nonparamétrica.
  • Estimación de funcións notables.
  • Contrastes de hipóteses nonparamétricos.

3 horas 

 Módulo 5: Modelos de Regresión 

  • Modelo de regresión linear.
  • Validación e diagnose do modelo de regresión linear.
  • Modelo de regresión loxística.
  • Modelos ANOVA e ANCOVA.

5 horas

 

PROGRAMA 

 

Día 20 de xullo de 2026 

9:00 a 09:15

Entrega de documentación e inauguración do curso

09:15 – 14:15

Módulo 1: Introdución a R

 

Día 21 de xullo de 2026

09:00 – 14:00

Módulo 2: Estatística descritiva 

 

Día 22 de xullo de 2026 

09:00 – 10:00

 Módulo 2: Estatística descritiva

10:00 – 14:00

Módulo 3: Inferencia Estatística paramétrica

 

Día 23 de xullo de 2026 

09:00 – 11:00

 Módulo 3: Inferencia Estatística paramétrica

11:00 – 14:00

Módulo 4: Inferencia Estatística Nonparamétrica

 

Día 24 de xullo de 2026 

09:00 – 14:00

Módulo 5: Modelos de regresión