CÓDIGO DE CONDUTA
Dende a organización do curso "Visualización e análise de datos con R" queremos que estes días estean libres de acoso para tódalas persoas que participan nel, independentemente do seu xénero, orientación sexual, discapacidade, aspecto físico, raza ou relixión.
As persoas ou entidades participantes, relatoras ou patrocinadoras deben aceptar o seguinte código de conduta. O persoal responsable da organización deste curso fará valer este código en todo momento e esperará a cooperación para garantir un ambiente seguro. Non se tolerará o acoso de ningunha forma.
A linguaxe e as imaxes sexuais non son apropiadas en ningún lugar do curso. Calquera que amose este tipo de comportamento pode recibir un aviso formal e, se non interrompe o seu comportamento inmediatamente, pode ser expulsado do curso sen o reembolso das cotas aboadas.
Os/as asistentes ao curso de "Visualización e análise de datos con R" aceptan:
- ser considerados/as no discurso e nas accións e respectar os límites doutros/as asistentes;
- absterse de condutas degradantes, discriminatorias ou acosadoras;
- avisar á dirección do curso se nota unha situación perigosa, alguén en apuros ou infraccións deste código de conduta, aínda que pareza que non ten consecuencias.
As entidades patrocinadoras tamén están suxeitas á política contra o acoso. En particular, non deben empregar imaxes, actividades ou outro material ofensivo ou sexualizado.