
PRAZO DE MATRÍCULA
Ábrese o prazo o 14 de maio de 2026 e finaliza o 10 de xullo de 2026.
XESTIÓN DA MATRÍCULA
A xestión das incripcións e pago de taxas efectúase a través da USC; para máis información consultar a web da USC de Verán.
IMPORTE DA MATRÍCULA
Taxa xeral: 120 €
Taxa reducida (estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregadas/os, socias/os da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC): 70 €
Amais, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe as seguintes persoas: non matriculadas en estudos oficiais na USC no curso académico 2025-26 matriculadas en estudos oficiais na USC no curso académico 2025-26 maiores de 28 anos ou de nacionalidade estranxeira que non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula.Este seguro subscríbese na propia plataforma de Xescampus no momento de formalizar a matrícula no curso de verán e ten un custe de 20,69 €. No caso de matricularse en máis dun curso, a mesma póliza é válida para todos os cursos. Quedan exentas de pagar o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe as persoas que estean matriculadas no programa de IV ciclo, por estar incluído o pagamento dese seguro na súa matrícula.
Nota.- Unha vez realizada a matrícula, non se efectuarán devolucións agás no caso de suspensión do curso.
CRÉDITOS E DIPLOMA DE ASISTENCIA
Toda persoa inscrita nun curso de verán que cumpra coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, recibirá un diploma acreditativo no que constará o seu nome completo, nº de identificación, título de curso, datas e nº de horas lectivas.
Por outra parte, a USC recoñece os cursos da Universidade de Verán a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de Grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de verán e recibirán a tal efecto unha acreditación, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas e 1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 12 créditos en total, RR do 5/12/2025).