R é un contorno de ferramentas de software deseñado para a manipulación de datos, cálculo matemático-estatístico e procesamento de gráficos.
Toda a información sobre R pódese atopar na páxina web http://www.r-project.org/, así como as opcións para descargala (ver http://cran.es.r-project.org/, CRAN espello para España) e varios manuais para o seu uso. Algunhas das principais características de R son:
- Eficacia na xestión e almacenamento de datos.
- Entorno gráfico sinxelo e potente.
- Ferramentas de entrada / saída (lectura / escritura en ficheiros externos).
- Linguaxe de programación sinxela e ben estruturada (vén da linguaxe C), con execución de comandos en liña: compilación e execución xuntas no mesmo paso.
- Uso de expresións condicionais e loops. Desenvolvemento por parte do usuario das súas propias funcións.
- Software libre e gratuíto (S-Plus é o seu equivalente comercial).
Ademais, R medra e desenvólvese co traballo dos seus propios usuarios. Estes traballos almacénanse en bibliotecas (paquetes), que reúnen funcións orientadas a un determinado obxectivo: desde aplicacións de diferentes métodos estatísticos ata resolver sudokus. Estas bibliotecas pódense descargar e instalar a través do propio programa (desde o menú Paquetes).