Curso: Visualización e análise de datos con R


Lugar de celebración: Aula de Informática 4 da Facultade de Matemáticas da USC (Campus Vida)

Datas: do 13 ao 23 de xullo de 2021

Horario: de 10 a 14h en quenda de mañá; de 16 a 20h en quenda de tarde (a celebración de unha ou dúas quendas está condicionada ao número de inscritos e a súa preferencia)

Contacto: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

OBXECTIVOS
Na actual “sociedade datificada” todo se cuantifica, e faise preciso dispor de ferramentas que permitan extraer información relevante dos datos capturados, resumíndoa e visualizándoa de xeito sinxelo. É neste escenario onde a Estatística xoga un papel fundamental no resumo de datos, obtención de predicións e establecemento de modelos que permitan explicar a realidade.
A metodoloxía estatística precisa de ferramentas para a extracción de información e a visualización de datos. Neste senso, o programa de libre disposición R tense convertido no paquete estatístico de referencia na maioría dos centros de investigación e universidades, e o seu uso estase estendendo tamén no ámbito privado: en pequenas empresas ou grandes corporacións como Google. Outro aspecto importante é que R constitúe unha linguaxe de programación sinxela e flexible, que permite un control total sobre a análise que se está a desenrolar.
Neste marco, os obxectivos que se formulan para este curso son: (1) que o alumnado coñeza as funcionalidades básicas de R como programa para o tratamento estatístico de datos e (2) que adquira as habilidades necesarias para desenvolver análises estatísticas descritivas e inferenciais (estimación, contrastes e predicións). Tamén se darán a coñecer ferramentas de busca e axuda que permitan aos/ás asistentes afondar nos métodos dispoñibles.

Máis información