O Servizo de Consultoría Estatística

O Servizo de Consultoría Estatística nace co apoio dunha axuda económica da Xunta de Galicia, a través da convocatoria para Grupos de Referencia Competitiva.

O grupo Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións (GI-1914) estableceu como prioridade para a súa consolidación como estrutura de investigación de excelencia, unha reorganización das actividades do grupo en tres unidades atendendo ás características da actividade investigadora interdisciplinar levada a cabo polos seus membros. A axuda económica recibida investiuse na contratación, actualmente, dun técnico coordinador do Servizo de Consultoría.

Funcionamento

Para garantir a excelencia e o rigor técnico en cada colaboración, o Servizo de Consultoría Estatística do EAMO segue un protocolo de xestión estruturado. Este procedemento asegura que cada petición sexa avaliada por expertos e asignada ao equipo de investigación máis cualificado segundo as necesidades do proxecto.

Solicitude web

O solicitante realiza unha petición a través dun formulario web, no que se rexistran datos de contacto e unha breve descrición da petición.

Análise técnica

A partir do rexistro web, a técnica elaborará unha breve memoria da proposta. Se fose necesario, contactará co solicitante para ampliar información. Esta proposta envíase ao Director do servizo.

Avaliación

O Director, ou director/es técnico/s en quen delegue, valoran a proposta.

Notificación

Se se considera que non procede atender a solicitude, comunícase ao técnico quen se pon en contacto co solicitante para informarlle de que a súa solicitude non será atendida.

Asignación

Noutro caso, a proposta envíase a todos os membros do departamento. Os interesados presentarán a súa proposta ao director ou directores técnicos. Se só hai un investigador ou un grupo interesado en realizar o traballo, os técnicos convocan unha reunión co solicitante para tratar con máis detalle a proposta. A técnica elaborará unha memoria para o convenio. No caso de que houbese máis dun investigador ou dun grupo interesados, a Comisión Científica do servizo reunirase e tratará de que saía unha única proposta.

Comisión científica

O Servizo de Consultoría Estatística está encabezado por unha Dirección que coordina toda a actividade técnica. Para asegurar a calidade de cada proxecto, contamos tamén cunha Comisión Científica, formada polo Director e expertos do departamento que supervisan o rigor do noso traballo.

Director do servizo

Manuel Febrero Bande

Contacta connosco

Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 - Santiago de Compostela (España)

+34 881 81 33 78