Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics 14-07-2026

Como homenaxe ao profesor Wenceslao González Manteiga con motivo do seu 70 aniversario, a Facultade de Matemáticas acollerá, do 14 ao 17 de xullo, o Workshop on Functional, Nonparametric and Spatio-Temporal Statistics, un encontro científico internacional organizado polos grupos de traballo de Análise de Datos Funcionais, Estatística Non Paramétrica e Estatística Espazo-Temporal da SEIO. O workshop reunirá en Santiago de Compostela persoal investigador de recoñecido prestixio procedente de universidades e centros de investigación nacionais e internacionais e contará con conferencias convidadas, comunicacións orais e unha sesión especial de pósteres dedicada ao profesor González Manteiga. O encontro permitirá presentar e debater avances recentes nas principais áreas de investigación que marcaron a súa traxectoria científica e, ao mesmo tempo, recoñecer a súa contribución fundamental ao desenvolvemento da Estatística, o seu labor na formación de varias xeracións de investigadores e a súa influencia na consolidación dunha comunidade estatística con ampla proxección internacional

Máis información sobre o workshop https://sites.google.com/view/fnpsts/home

✕