New academic vacancies at Computeroxy – MATHEMATICS
27 octubre 2014Multiple Faculty Opening at All Ranks, Tsinghua University, Center for Statistical Science
28 octubre 2014O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS) selecciona candidat@s para:
Contrato de traballo a tempo completo asociado á actividade “Adaptation of Direct Kernel Perceptron for the classification of chemical-genetic patterns in the pharmacological domain”. A duración do contrato será de catro meses, con data de inicio prevista o 10/11/2014. A contía do contrato será de 1.462,50 € brutos/mes.
Requisitos mínimos para presentación do candidato:
• Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes:
o Graduado en Informática.
o Enxeñeiro Técnico en Informática.
o Licenciado en Matemáticas.
o Licenciado en Física.
• Experiencia en programación na linguaxe C++.
• Manexo de sistemas GNU/Linux.
Habilidades valorables positivamente:
• Coñecemento de tecnoloxías de análise intelixente de datos.
• Coñecemento de estratexias de paralelismo e supercomputación Tarefas a desenvolver.
• No proxecto desenvolverase unha adaptación do algoritmo Direct Kernel Perceptron (DKP) para a clasificación de datos químico-xenómicos.
O obxectivo é desenvolver unha implementación eficiente en C++ para o manexo de grandes volumes de datos, tanto no número de patróns como de características, con natureza dispersa e desbalanceada.
@s interesad@s poden enviar o seu currículo mediante correo electrónico a citius.idi@usc.es ata o día 31/10/2014.