EMPLEO | Bolsas investigación ano 2022 Diputación da Coruña

21 febrero 2022

EMPLEO | Plaza de experto en big data para el SESCS

24 febrero 2022

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and
Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo
ofrece dous contratos a tempo parcial de iniciación á investigación.
A investigación encadrarase nunha das liñas de investigación do grupo
SiDOR (inferencia non paramétrica, regresión semiparamétrica e non
paramétrica, análise de supervivencia, teoría de xogos, teoría da
decisión, investigación operativa etc.).

Requisitos:
– Formación específica (grao, mestrado etc.) na área de Estatística e
Investigación Operativa.
– Coñecementos de programación. Manexo de software estatístico.
– Bo nivel de inglés falado e escrito.

Criterios de valoración:
– Expediente académico de grao/licenciatura e de mestrado. Curriculum vitae.
– Entrevista persoal.

Descrición do traballo:
– Salario bruto: 700 euros/mes.
– Xornada de traballo semanal: 20 horas/semana.
– Duración do contrato: 6 meses.
– Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Campus Universitario Lagoas-Marcosende (Vigo).

Presentación de solicitudes e prazo:
– Correo electrónico a sidor@uvigo.es con tema: Praza Iniciación á
Investigación SiDOR.
– Achegar carta de presentación, expediente académico de grao e mestrado e CV.
– Prazo: ata as 14:00 horas do 2 de marzo de 2022.

Entrevistas persoais e resolución:
– Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista
persoal. Non se manterá correspondencia co resto dos solicitantes.
– Data prevista de inicio do contrato: 29 de marzo de 2022.