Convocatoria Pública de contratación de persoal
10 abril 2018Oportunidad de doctorado conjunto Francia-Canadá
19 abril 2018O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece dous contratos para realizar tarefas de apoio á investigación na área de Estatística e Investigación de Operacións. As tarefas a realizar corresponden a dúas liñas:
• Liña A: Desenvolvemento de metodoloxía relacionada coa investigación básica do grupo SIDOR. Estudo das propiedades dos métodos propostos
• Liña B: Resolución de problemas específicos doutras áreas de coñecemento (medicina, oceanografía, bioloxía, enxeñería, economía, etc) en colaboración con outros grupos de investigación, aplicando e/ou desenvolvendo a metodoloxía estatística adecuada
Requisitos:
– Grao en Matemáticas ou Estatística, ou grao noutras titulacións con formación específica na área de Estatística e Investigación Operativa a nivel de posgrado
– Manexo de software estatístico. Coñecementos de programación
– Bo nivel de inglés falado e escrito
Criterios de valoración:
– Expediente académico do grao
– Expediente académico de máster, no seu caso
– Curriculum vitae
– Entrevista persoal
Descrición do traballo:
– Salario bruto: 1250 euros/mes
– Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
– Duración do contrato: 4 meses prorrogables
– Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo)
– No caso de alumnado de posgrao, a investigación a realizar poderá motivar un Traballo Fin de Máster (TFM)
Presentación de solicitudes e prazo:
– Mediante correo electrónico dirixido a sidor@uvigo.es co seguinte asunto: Praza apoio á investigación SiDOR
– Achegar expediente académico de grao/máster e CV
– Prazo: ata as 14:00 horas do 20 de abril de 2018
Entrevistas persoais e resolución:
– Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista persoal
– Data estimada de resolución para a provisión da praza: 27 de abril de 2018
– Data prevista de inicio do contrato: entre 15 de maio e o 15 de xuño de 2018