EVENTO | Día Europeo Do Doutoramento 2026

23 abril 2026

EMPLEO | PhD Position Causal Inference & Machine Learning_(TU Delft, The Netherlands)

24 abril 2026

O curso “Introdución ao Software Libre Inkscape no Ámbito das Matemáticas” terá lugar na Aula de Informática 2 da Facultade de Matemáticas da USC, os días: 20, 21, 27 e 28 de maio de 2026, en horario de 10:00 a 12:30.

Este curso será impartido pola Profesora Érika Diz Pita do Departamento de Estadística, Análisis Matemático y Optimización da USC.

PROGRAMA:

  • Introdución a Inkscape: Instalación e interface (https://inkscape.org/es/).
  • Primeiros pasos: creación de documentos, cuadrículas e axustes.
  • Ferramentas básicas de Inkscape: liñas, obxectos, propiedades e operacións.
  • Curvas bézier. Nodos.
  • Extensións de Inkscape.

O curso, conta co recoñecemento de actividade de formación do Servizo de planificación e xestión das actividades de formación dirixidas ao PDI e PI, sempre que se acade un mínimo de 10 persoas matriculadas. Para a obtención do certificado será necesaria unha asistencia mínima do 80 {06fdc68f0c32a4bb4bc587245a8893a97471dc602b4e431d14a97651d507d6d7} e a realización das actividades correspondentes.

PROCESO DE INSCRICIÓN:

As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte enlace: ENLACE Ó FORMS: Inscrición no curso Inkscape  – Completar o formulario

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 6 de maio de 2026.

O número máximo de prazas é de 25; no caso de haber máis solicitudes, admitiranse as 25 primeiras por orde de inscrición.

Os asistentes poderán levar e empregar o seu ordenador personal, ou ben empregar os ordenadores da aula.