EMPLEO | Contratos laborais USC

10 mayo 2021

EMPLEO | IBiDat_Convocatoria postdoc 2021

11 mayo 2021

Oferta de traballo: Contratos de iniciación á investigación

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece contratos para realizar tarefas de iniciación á investigación na área da estatística non paramétrica e semiparamétrica. Os contratos están financiados polo proxecto de investigación MECANOS2 (MTM2017-89422-P), dirixido por Juan Carlos Pardo Fernández (juancp@uvigo.es) e Jacobo de Uña Álvarez (jacobo@uvigo.es).

As persoas seleccionadas desenvolverán metodoloxía estatística nalgunha das liñas de investigación do grupo:

• métodos para datos de alta dimensión;
• análise de supervivencia, datos dobremente truncados e modelos multi-estado;
• estimación non paramétrica de curvas;
• curvas ROC;
• métodos de bondade de axuste e tests en modelos de regresión;
• aplicacións prácticas.

Requisitos:

• Grao en Matemáticas ou Estatística, ou grao noutras titulacións con formación específica na área de Estatística a nivel de posgrado.
• Manexo de software estatístico e coñecementos de programación.
• Bo nivel de inglés falado e escrito.

Criterios de valoración:

• Expediente académico do grao.
• Expediente académico de máster, no seu caso.
• Curriculum vitae (CV).
• Entrevista persoal.

Descrición do traballo:

• Salario bruto: 1250 euros/mes
• Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
• Duración do contrato: entre 2 e 3 meses
• Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo)
• No caso de alumnos/as de posgrao, a investigación realizada poderá motivar un Traballo Fin de Máster (TFM).

Presentación de solicitudes e prazo:

Mediante correo electrónico dirixido a sidor@uvigo.es co seguinte asunto: Praza iniciación á investigación SiDOR/MTM2017
Achegar expediente académico de grao/máster e CV.
Prazo: ata as 14:00 horas do 14 de maio de 2021

Entrevistas persoais e resolución:

• Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista persoal
• Data prevista de inicio do contrato: principios de xuño de 2021

Máis información