BENVIDO AO PhDay
Comprácenos poder anunciar a segunda edición do PhDay-EIO, que terá lugar o mércores 23 de xuño de 2021 na Facultade de Matemáticas da USC.
En función da situación epidemiolóxica decidirase se a xornada é semipresencial (na Facultade de Matemáticas da USC e a través da plataforma Microsoft Teams) ou totalmente telemática.
Cremos que é unha oportunidade única para xuntarnos tódolos doutorandos galegos de Estatística, Investigación Operativa e Optimización.
Durante a xornada terán lugar diferentes actividades:
- Sesións invitadas. Contaremos con dous recentes doutores que nos aportarán a súa visión do doutoramento, así como o comezo da súa andaina como doutor/a.
- Mesa redonda. Catro doutores con traxectorias diversas debatirán as súas diferentes experiencias na nova etapa posdoutoral e esclarecerán todo tipo de dúbidas nunha rolda final de preguntas.
- Exposicións orais e pósters. Os participantes que así o desexen poderán presentar o seu traballo en charlas dunha duración aproximada de 15-20 minutos ou tipo póster*. Haberá un premio especial para o mellor traballo.
- Actividade lúdica. Se as autoridades o permiten, por mor da pandemia, ó final da xornada levarase a cabo unha actividade lúdica para todos os que queiran asistir.
Animámosvos a todos a acudir a este evento!
Para máis información podedes contactar vía email ó seguinte enderezo phday.eio@gmail.com
(*) O comité organizador resérvase o dereito de modificar o formato de exposición solicitado en función do número de participantes adscritos a cada opción.
Ligazón Teams
Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa
