BENVIDO AO PhDay
Estamos encantados de poder anunciar a primeira edición do PhDay-EIO, que terá lugar o venres 4 de outubro de 2019 na Facultade de Matemáticas da USC. Creemos que é unha oportunidade única para xuntarnos tódolos doutorandos galegos de Estatística, Investigación Operativa e Optimización.
Durante a xornada terán lugar diferentes actividades:
- Sesión invitada. Contaremos cun recente doutor que nos aportará a súa visión do doutoramento, así como o comezo da súa andaina como doutor.
- Exposicións orais. Os participantes que así o desexen poderán presentar o seu traballo en charlas dunha duración aproximada de 15-20 minutos. Haberá un premio especial para o mellor traballo.
- Actividade lúdica. Ó final da xornada levarase a cabo unha actividade lúdica para todos os que queiran asistir, que consistirá nunha visita ao Museo de Historia Natural USC.
Animámosvos a todos a acudir a este evento!
Para máis información podedes contactar vía email ó seguinte enderezo phday.eio@gmail.com
Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa

