Nonlinear Differential Equations and Dynamical Systems – A conference celebrating Alberto Cabada’s 60-th birthday. 06-07-2026/10-07-2026

Do 6 ao 10 de xullo de 2026, a Facultade de Matemáticas acolleu o Nonlinear Differential Equations and Dynamical Systems – A Conference Celebrating Alberto Cabada’s 60th Birthday, un encontro científico internacional organizado como homenaxe ao profesor Alberto Cabada con motivo do seu 60 aniversario e da súa destacada traxectoria científica. O congreso reuniu persoal investigador dunha vintena de universidades e centros de investigación de referencia internacional para presentar e debater avances recentes no estudo das ecuacións diferenciais non lineais, os sistemas dinámicos e a modelización matemática, abordando ámbitos como as ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais, os problemas de contorno, os métodos variacionais, a teoría de puntos fixos, a estabilidade e a análise asintótica. O encontro converteu así a Facultade nun espazo de intercambio científico arredor dalgunhas das liñas de investigación máis relevantes da análise matemática contemporánea e, ao mesmo tempo, nun recoñecemento á contribución científica do profesor Cabada.

Máis información sobre o encontro http://www.itmati.com/ndeds26/venue

✕