A inferencia estatística de curvas ten alcanzado unha etapa de grande madurez nos últimos anos. No presente proxecto de investigación preténdese realizar novos desenvolvementos metodolóxicos no estudio da inferencia sobre curvas en contextos de grande interese na actualidade: Poboacións finitas, tests de bondade de axuste, redes neuronais, técnicas de aprendizaxe, datos funcionais, estimación de conxuntos, estatística espacial e espazo–temporal e modelización en series financeiras. Moitos dos novos métodos que se desenvolvan serán implementados por primeira vez ou representarán modificacións de versións anteriores, serán validados mediante os resultados teóricos e de simulación, e aplicados a contextos como o Medio Ambiente (predición de niveis de SO2 en centrais térmicas, predición da concentración de níquel en musgo en Galicia,…), a Economía (predición da renda mixta a nivel comarcal en Galicia,…), a Industria (control de procesos anaeróbicos na eliminación de residuos,…) e Finanzas (inferencia semiparamétrica no deseño de carteiras,…).
Departamento de
Estatística e Investigación de Operacións - USC
Facultade de Matemáticas
Campus Universitario Sur
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 563100 ext: 13204
Fax: +34 981 597054