Seccións

 Presentación
 Equipo
 Obxectivos
 Produción Científica
 Información
 Aplicacións e Descargas
 Enlaces
 Novidades


Winfred Stute, Doctor Honoris Causa

 

O día 1 de Abril, ás 12:30, o profesor Winfried Stute, da Universidade de Giessen en Alemaña, será investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar no salón noble do Colexio de Fonseca.

O profesor Stute é unha autoridade a nivel mundial nol campo dos procesos empíricos e as súas aplicacións á Estatística. Levou a cabo numerosos desenvolvementos metodolóxicos na Estatística Matemática. Os seus estudos sobre os módulos de oscilación nos procesos empíricos dentro da teoría da probabilidade coas súas aplicacións ás técnicas de suavizado, técnicas de remostraxe, tests de bondade de axuste,etc., son un exemplo do seu amplo repertorio científico.

Os seus estudos na análise de supervivencia e máis recentemente no contexto da matemática estocástica en finanzas, son boa proba do seu interese polos campos de máxima relevancia na matemática actual.

O profesor Stute mantivo e mantén estreitas relacións con investigadores matemáticos das universidades galegas, da Universidade do Pais Vasco e da Universidade Carlos III, participando na impartición de numerosos seminarios e diversos cursos de doutorado. Os seus 22 anos de visitas ininterrompidas á Universidade de Santiago fano merecedor desta distinción honorífica. A laudatio á súa figura será impartida polo profesor Wenceslao González Manteiga do Departamento de Estatística e I.O. da Universidade de Santiago de Compostela.


Departamento de Estatística e Investigación de Operacións - USC
Facultade de Matemáticas
Campus Universitario Sur
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 563100 ext: 13204
Fax: +34 981 597054