Os días 4, 5 e 6 de novembro do ano 2021 celebrarase en Santiago de Compostela o XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Tendo en conta a situación sanitaria motivada pola pandemia da COVID-19, as actividades do congreso cumprirán todas as medidas necesarias para garantir a seguridade dos congresistas. Por este motivo, contémplase a posibilidade de que algunhas sesións se realicen de maneira telemática, mentres que as sesións que podan realizarse de maneira presencial respectarán as restricións de aforo e outras medidas preventivas. As actividades culturais, que esperamos poder celebrar, tamén estarán suxeitas a estas restricións.
Organizado por: Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.
Máis información