O catedrático de Análise Matemática da USC, Juan José Nieto, acaba de ser recoñecido co premio Liouville pola súa traxectoria e innovadoras ideas no cálculo fraccionario. O galardón outorgóuselle no marco do primeiro Congreso Virtual sobre Cálculo Fraccionario e as súas Aplicacións (OCMFCA2020) inaugurado este venres.
O profesor Juan José Nieto Roig ten coordinado ou participado en máis de vinte proxectos de ámbito europeo, nacional e autonómico e é autor ou coautor de máis de 300 artigos de investigación publicados en revistas internacionais. Lidera o grupo de investigación Ecuacións diferenciais non liñales" e, na actualidade, traballa na predición do avance da pandemia da COVID-19 a través de modelos matemáticos. O seu ámbito de traballo investigador, aínda que de carácter básico, potencialmente posúe utilidade práctica aplicado ao estudo de diversos temas da Física, a Bioloxía, a Epidemioloxía, a Medicina ou na Bioinformática, co desenvolvemento de algoritmos máis eficientes para a comparación de secuencias xenéticas.
Máis información