O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca tódolos anos unhas bolsas de colaboración destinadas a iniciar nas tarefas de investigación ao alumnado do último curso de grao ou primeiro curso de máster oficial que preste a súa colaboración nun Departamento en réxime de compatibilidade cos seus estudos. A normativa atribúe ao Consello Social a competencia para distribuír as citadas bolsas entre os distintos Departamentos, concretando o número que corresponda a cada un deles.
No Consello Social do 23 de xuño de 2020 aprobáronse os criterios de reparto destas bolsas de colaboración.
As bolsas de colaboración do Ministerio de Educación e Formación Profesional distribúense en función da produción científica das áreas normalizada polo número de PDIs e do número de PDIs das áreas de coñecemento da USC cos seguintes criterios,
1. Nunha primeira rolda, as bolsas distribúense consecutivamente entre as áreas ordenadas en función da produción científica por PDI de maior a menor.
a. Unha área de coñecemento ten que ter atinxido un mínimo de 10 puntos/PDI para poder acceder a unha bolsa.
b. Nesta fase ningún departamento pode acadar máis de tres bolsas.
2. No caso de que houbera suficientes bolsas para distribuír en posteriores roldas, o reparto faríase tendo en conta o seguinte,
a. Alo menos tódolos departamentos acadarán unha bolsa de colaboración.
b. Na segunda rolda e posteriores o reparto faríase por orde de maior a menor número de PDIs en cada área que cumpra cos criterios do punto 1.
3. No caso de que ningún candidato dun área ou dun departamento cumpra cos requisitos marcados polo Ministerio para os estudantes de grao o máster procederase como no punto 2.
Nesta convocatoria o número de bolsas de colaboración vaise incrementar grazas ao financiamento aportado polo Banco de Santander a través dun convenio de colaboración asinado coa USC polo que, os solicitantes que queden en lista de agarda nas Bolsas de Colaboración do Ministerio recibirán unha Bolsa de Colaboración USC-Banco de Santander de características similares ás do Ministerio ata chegar ao límite do financiamento aportado pola entidade.
O número de bolsas que lle corresponde ao seu Departamento é o seguinte:
Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización 3
Análise Matemática 1
Estatística e Investigación Operativa 2
Con data do 01/07/2020 abriron os prazos polo Ministerio para que os estudantes fagan a inscrición da solicitude e aporten a documentación necesaria no seguinte enlace:
http://www.educacionyfp.gob.es/gl/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/universidad/grado/becas-colaboracion.html
Entre esta documentación deberá figura un proxecto de investigación onde se indique o nome do titor e a área a que pertence. O proxecto deberá ser valorado polo Departamento, ademais de pola súa calidade, tendo en conta o número de bolsas asignadas por áreas.