PhDay-EIO

O vindeiro 4 de outubro na Facultade de Matemáticas da USC terá lugar a primeira edición do PhDay-EIO.
É unha oportunidade única para xuntar tódolos doutorandos galegos de Estatística, Investigación Operativa e Optimización.
Durante a xornada terán lugar diferentes actividades:

  • Sesión invitada. A Profesora Mercedes Conde Amboage do Departamento de Estatística, Ánalise Matemática e Optimización (USC), aportará a súa visión do doutoramento, así como o comezo da súa andaina como doutora.
  • Exposicións orais. Alumnos do Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa presentarán o seu traballo en charlas. Haberá un premio especial para o mellor traballo, patrocinado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) .

Máis información: http://eio.usc.es/pub/phDay/index.php/gl/