O próximo 12 de abril na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC celebrarase unha xornada de presentación de Software Libre para uso científico. O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias así como presentar a versión 5.0 de EpiLinux.
A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e conta co apoio da AMTEGA e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O acceso é libre, e a inscrición de balde, que pode realizarse neste formulario.