Título: Plataforma integrada para a análise de datos de resultados de investigación en nutrición animal
Universidad que ofrece el proyecto: Universidade de Santiago de Compostela
Director/a: González Rueda, Ángel Manuel
Alumno/a: Bargiela Salustiano, Edgar
Resumen:
O obxectivo deste proxecto é integrar datos de diferentes orixes, incluíndo información produtiva, xenética, metabólica e outros tipos de rexistros experimentais, para permitir a súa análise conxunta. A finalidade é desenvolver unha plataforma capaz de combinar indicadores produtivos sinxelos con fontes de información máis complexas, como os datos xerados en laboratorio. Esta integración deberá facilitar a identificación de mecanismos fisiolóxicos así como a comprensión dos modos de acción específicos dos produtos de Zinpro.
O estudante participará no proceso de recopilación, normalización e integración de datos procedentes de diferentes proxectos de investigación. Nunha primeira fase identificaranse as fontes de información dispoñibles e avaliaranse os formatos de datos existentes. Posteriormente desenvolveranse procedementos de harmonización e control de calidade que permitan a integración de información procedente de experimentos con diferentes deseños. Unha vez consolidada a base de datos integrada, aplicaranse ferramentas de análise estatística e exploración de datos para identificar relacións entre variables produtivas, xenéticas e metabólicas. Como resultado final, desenvolverase unha plataforma de análise que permita visualizar e interpretar a información de maneira integrada
| Más información |