Title: Integración e automatización da análise de datos en explotacións leiteiras comerciais
University that offers the project: University of Santiago de Compostela
Director: Davila Pena, Laura
Student: Souto Parrado, Miguel
Summary:
O obxectivo principal deste proxecto consiste en desenvolver un sistema automatizado que permita recopilar, integrar, procesar e comunicar información productiva e sanitaria procedente de diferentes fontes dixitais obtidas de granxas comerciais. O estudante participará nas tarefas de integración, lectura, limpeza e análise dos datos, contribuíndo á creación dunha ferramenta que facilite a recollida automática de información, a xeración de análises e a comunicación dos resultados.
O proxecto desenvolverase mediante unha aproximación práctica baseada na xestión de datos reais procedentes de explotacións leiteiras comerciais. Nunha primeira fase realizarase a identificación e integración das diferentes fontes de datos dispoñibles, incluíndo rexistros produtivos, reprodutivos, sanitarios e de manexo. Posteriormente levaranse a cabo procesos de lectura, validación e limpeza dos datos para garantir a súa consistencia e calidade. Unha vez establecidos os procedementos de control de calidade, desenvolveranse rutinas para o procesamento e análise da información. A ferramenta final será unha automatización do procedemento e os métodos, incluido ademáis a visualización e comunicación dos resultados.
| More information |