Violencia contra as mulleres e desigualdades territoriais

TERRAV 2026
Xornada de investigación e diálogo · Na véspera do 25N

Violencia contra as mulleres e desigualdades territoriais

Dos datos á realidade social

Presentación de resultados e diálogo entre investigación e intervención social. Un encontro para comprender o que revelan os datos xudiciais e contrastalos coa experiencia de quen traballa no territorio.

24 novembro 202616:00–20:20 hSalón de Graos · Facultade de Relacións Laborais · USC

Unha mirada territorial á violencia contra as mulleres

Esta xornada celébrase o 24 de novembro de 2026, na véspera do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e enmárcase no proxecto «Desigualdades territoriais na violencia contra a muller rexistrada no sistema xudicial: desenvolvemento dun indicador sintético a nivel de partido xudicial».

O estudo analiza a información rexistrada no sistema xudicial tomando como referencia os partidos xudiciais. Combina datos sobre incidencia xudicial, resposta institucional e resultados dos procedementos con información socioeconómica e demográfica, para identificar diferenzas territoriais e visualizalas mediante mapas.

Unha distinción fundamental: os datos xudiciais reflicten a violencia que chega ao sistema xudicial, non necesariamente toda a violencia existente. A interpretación dos mapas require tamén coñecer os contextos sociais e as condicións de acceso aos recursos.
01

Datos

Indicadores xudiciais e información territorial.

02

Mapas

Diferenzas e patróns entre partidos xudiciais.

03

Diálogo

Interpretación compartida con profesionais e entidades.

O encontro busca dar a coñecer os resultados da investigación, reflexionar sobre os límites dos rexistros e favorecer o intercambio entre universidade, institucións e entidades sociais.

Esta xornada dá continuidade ao diálogo iniciado en 2024 coa celebración da Xornada sobre Violencia de Xénero e Discapacidade: Diferentes Miradas, Unha Misión Común, un encontro dedicado a abordar a violencia de xénero e a discapacidade desde diferentes perspectivas.

Certificado de asistencia: Ao finalizar a xornada, emitirase un certificado de asistencia para as persoas que participen en todas as actividades programadas.

Comité organizador

Relatoras

Relación de persoas participantes. Este apartado irase actualizando coa información da xornada.

Raquel Álvarez Barreiro

Fiscal delegada de Violencia sobre la Mujer da Fiscalía de Área de Santiago de Compostela

Conferencia inaugural

Carlos Ferrás Sexto

Universidade de Santiago de Compostela

Presentación do proxecto

Mª Yolanda García Vázquez

Universidade de Vigo

Moderadora da mesa de debate

Mª José Ginzo Villamayor

Universidade de Santiago de Compostela

Presentación do proxecto

Jorge Mato Corzón

Policía Nacional

Mesa de debate · Confirmado

Almudena de Urzáiz Rodríguez

Xornalista e presentadora da TVG

Mesa de debate · Confirmada

Ana Carrecedo Aldrey

Vicepresidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Mesa de debate · Confirmada

Mario Diz Otero

Director da Orquestra e Coro da USC · Violín

Intervención musical de clausura · Programa dispoñible no apartado Programa

Berta Conde López

Traballadora social e coordinadora dos servizos sociais do Concello de Teo

Mesa de debate · Confirmada

Programa da xornada

Martes, 24 de novembro de 2026 · Programa provisional

Rexistro de participantes

Recepción e acreditación das persoas asistentes.

Inauguración da xornada

Lorena Añón Loureiro · Vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar da USC.

Alejandro Villanueva Turnes · Secretario da Facultade de Relacións Laborais da USC.

Mª José Ginzo Villamayor · Universidade de Santiago de Compostela, investigadora principal do proxecto.

Conferencia inaugural

Raquel Álvarez Barreiro · Fiscal delegada de Violencia sobre la Mujer da Fiscalía de Área de Santiago de Compostela.

«Justicia y Territorio: La comarcalización de las secciones de violencia sobre la mujer como garantía de igualdad»
Intervención e quenda de preguntas.

Violencia contra as mulleres e desigualdades territoriais. Dos datos á realidade social

Presentación da investigación e dos principais resultados, con tempo para preguntas.
Mª José Ginzo Villamayor e Carlos Ferrás Sexto · Universidade de Santiago de Compostela.

Pausa

Mesa de debate: dos datos á realidade dos territorios

Diálogo entre os servizos sociais, o terceiro sector, o ámbito policial, a universidade e a igualdade.
Participantes confirmados: Jorge Mato Corzón (policía nacional); Almudena de Urzáiz Rodríguez (xornalista e presentadora da TVG); Ana Carracedo Aldrey (vicepresidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia); e Berta Conde López (traballadora social e coordinadora dos servizos sociais do Concello de Teo).
Modera: Mª Yolanda García Vázquez (Universidade de Vigo).

Conclusións e peche

Ideas principais e reflexión final.

Intervención musical de clausura

Mario Diz Otero · Director da Orquestra e Coro da USC · Violín

Programa musical e presentación detallados a continuación.

Unha mesa para contrastar perspectivas

Que nos din os datos sobre as desigualdades territoriais? Que realidades quedan fóra das estatísticas xudiciais? Como condiciona o territorio o acceso á denuncia, á protección e aos recursos? A mesa reunirá perspectivas complementarias para abordar estas cuestións.

Participantes confirmados: Jorge Mato Corzón (Policía Nacional) ; Almudena de Urzáiz Rodríguez (xornalista e presentadora da TVG); Ana Carracedo Aldrey (vicepresidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia); e Berta Conde López (traballadora social e coordinadora dos servizos sociais do Concello de Teo).
Moderadora: Mª Yolanda García Vázquez (Universidade de Vigo).

Servizos sociais

Atención ás vítimas e acceso aos recursos.

Terceiro sector

Acompañamento e necesidades detectadas.

Ámbito policial

Denuncia, protección e coordinación.

Universidade e igualdade

Interpretación dos datos, prevención e políticas públicas.

Intervención musical de clausura · Programa

Mario Diz Otero | Violín

Mary Simoni (1954)
Suite for Unaccompanied Violin (1975)

Manuel Quiroga Losada (1892–1961)
Emigrantes celtas (Lonxe d’a terriña…! Lonxe d’o meu lar…!!) (1924)

Música tradicional galega
Suite de muiñeiras tradicionais galegas
Selección e adaptación para violín só de Mario Diz.

Presentación da intervención musical

Como clausura da xornada Violencia contra as mulleres e desigualdades territoriais. Dos datos á realidade social, o violinista Mario Diz ofrecerá unha intervención musical que propón un percorrido pola creación contemporánea, o patrimonio musical galego e a tradición popular, articulado arredor da identidade, a memoria e a diversidade cultural.

O programa comeza coa Suite for Unaccompanied Violin (1975), da compositora estadounidense Mary Simoni, unha elección que procura contribuír á visibilización das mulleres no ámbito da creación musical, historicamente marcado por importantes desigualdades no recoñecemento e na difusión das súas achegas. A inclusión desta obra establece así un vínculo co propósito da xornada, ao reivindicar a presenza e o papel das mulleres tamén nos espazos de produción artística e cultural.

A continuación, interpretarase Emigrantes celtas (Lonxe d’a terriña…! Lonxe d’o meu lar…!!), do violinista e compositor galego Manuel Quiroga, unha obra de notable riqueza expresiva e virtuosismo que evoca, a través da música, a emigración, o desarraigamento e a vinculación coa terra de orixe.

A intervención concluirá cunha suite de muiñeiras tradicionais galegas, seleccionadas e adaptadas para violín só por Mario Diz, como expresión do valor da tradición oral, da identidade colectiva e da transmisión interxeracional do patrimonio cultural.

En conxunto, esta proposta musical pretende ofrecer un espazo de reflexión e sensibilidade artística que acompañe as cuestións abordadas durante a xornada, poñendo en diálogo a creación musical feminina, a memoria e as raíces culturais galegas.

Cartaz da xornada

Consulta o programa da xornada no cartaz e descarga a versión en PDF.

Información práctica

Data: martes, 24 de novembro de 2026

Horario: rexistro desde as 16:00 h; xornada de 16:30 a 20:20 h

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Inscrición: do 16 ao 23 de novembro de 2026, ás 23:59 h. Acceder á sección de inscrición.

Acreditación: Información proximamente

Equipo de investigación

María José Ginzo Villamayor (investigadora principal, Universidade de Santiago de Compostela), Mª Yolanda García Vázquez (Universidade de Vigo) e Carlos Ferrás Sexto (Universidade de Santiago de Compostela).

Proxecto e financiamento

A actividade enmárcase no proxecto Desigualdades territoriais na violencia contra a muller rexistrada no sistema xudicial: desenvolvemento dun indicador sintético a nivel de partido xudicial (2026-PU022), no contexto da convocatoria de axudas á investigación da USC para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (2026).

Datas importantes

Inscrición: do 16 ao 23 de novembro de 2026.

Xornada: 24 de novembro de 2026.

Inscrición na xornada

Inscrición aberta ata o 23 de novembro

Prazo límite: luns, 23 de novembro de 2026, ás 23:59 h.

Para asistir á xornada será necesario cubrir o formulario de inscrición.

Ligazón de inscrición

Contacto

María José Ginzo Villamayor

Correo electrónico: mariajose.ginzo@usc.es

Teléfono: 881 813 378

Financiamento e colaboración

Logotipos institucionais: USC, Xunta de Galicia, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, Goberno de España e Facultade de Relacións Laborais da USC

Entidades financiadoras e colaboradoras