Resumen del trabajo fin de master



Título: Revisión de las técnicas de control del secreto estadístico de los datos esparcido en mallas estadísticas
Universidad que ofrece el proyecto: Universidade de Santiago de Compostela
Director/a:
Lombardía Cortiña, María José
Resumen:
O Instituto Galego de Estatística (IGE) comezou no ano 2016 coa xeorreferenciación da poboación dispoñible nos sucesivos Padróns Municipais de Habitantes (PMH), empregando para iso diversas técnicas estatísticas. Estes traballos completáronse coa unión do PMH con outros rexistros administrativos dispoñibles no IGE, coa finalidade de crear un sistema de información integrado con datos socioeconómicos da poboación. Cos traballos desenvolvidos, en novembro do 2020 o IGE publicou información estatística sobre a poboación de Galicia na cuadrícula regular de 1km2. Nesta malla regular preséntase unha aproximación da poboación de Galicia segundo diversas características sociodemográficas: sexo, idade, lugar de nacemento, afiliación á Seguridade Social, pensionista… O problema que ten proporcionar información tan desagregada é que tamén é necesario cumprir co segredo estatístico e non se pode permitir, aínda que sexa indirectamente, identificar un dato particular. Polo tanto, neste traballo proponse a revisión das técnicas de control de divulgación estatística en cuadrículas minimizando o risco e maximizando a cantidade de información difundida. Farase unha revisión dos métodos perturbativos e non perturbativos. Nestes últimos faremos fincapé nas técnicas de estimación en áreas pequenas e nos mapas de calor.
Más información