Resumen del trabajo fin de master



Título: Gestión de camas en el Complejo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)
Universidad que ofrece el proyecto: Universidade de Santiago de Compostela
Director/a:
Conde Amboage, Mercedes;  Borrajo García, María Isabel
Alumno/a:
Picáns Rey, Mario
Resumen:
Unha eficiente xestión da asistencia é chave para o bo funcionamento de calquera centro hospitalario, e supón ademais un importante impacto económico e sanitario en toda a poboación. Un dos aspectos de peso na xestión asistencial hospitalaria é a ocupación de camas nos distintos servizos, posto que repercute cuantitativa e cualitativamente na atención que se pode prestar ás/aos pacientes. Neste traballo levarase a cabo unha exhaustiva análise da situación de ocupación nos servizos do CHUS con maior número de ingresos nos últimos anos. Preténdese identificar puntos febles (tanto a nivel de exceso como de limitación das camas existentes) e propoñer accións de mellora onde resulte máis necesario. Para isto empregaranse tanto técnicas de Estatística Espacial como de Regresión que axuden a modelar a ocupación de camas.
Más información