Resumen del trabajo fin de master



Título: Corrección de series económicas de Galicia
Universidad que ofrece el proyecto: Universidade da Coruña
Director/a:
Lombardía Cortiña, María José
Alumno/a:
Rodríguez García, Alba
Resumen:
O “Banco de series de conxuntura” do Instituto Galego de Estatística (IGE) é unha aplicación dispoñible na web do IGE que contén un conxunto de series de datos estatísticos de diversas fontes de información e que teñen como obxectivo o seguimento da conxuntura económica galega. Co obxectivo de incrementar os servizos que xa proveía o Banco de series de conxuntura, fíxose unha selección daquelas series que se consideraban máis relevantes para seguir a evolución da economía galega e incluíronse as correspondentes series corrixidas de estacionalidade e calendario. Os obxetivos do axuste estacional son indentificar e eliminar as fluctuacións estacionais e os efectos de calendario que poidan enmascarar os movementos a corto e longo prazo nunha serie temporal e impedir unha comprensión clara dos fenómenos subxacentes. Polo tanto, o axuste estacional é un proceso fundamental na interpretación de series temporais para a elaboración de políticas públicas. O obxetivo deste traballo é facer unha revisión metodolóxica dos métodos empregados para facer os axustes estacionais e de calendario que agora mesmo están dispoñibles o Banco de series de conxuntura. Proporanse e avaliaranse novos modelos de corrección das series e desenvolveranse algoritmos automáticos para o axuste e a grabación na base de datos.
Más información