Liñas de Investigación

Os tres departamentos organizadores deste programa de terceiro ciclo realizan unha investigación activa tanto no campo da Estatística como da Investigación Operativa.
A investigación en Estatística céntrase nos problemas de Inferencia Estatística, nas técnicas de estimación non paramétrica de curvas e nas aplicacións das mesmas, tanto en problemas teóricos como nas suás aplicacións en diversas áreas científicas (economía, finanzas, bio-sanitarias, ...).
A investigación na área da Investigación Operativa céntrase na Teoría de Xogos e as súas aplicacións.
En concreto as liñas de investigación que se seguen nos tres departamentos organizadores son as seguintes:


Na área da Estatística:

  • Estimación non paramétrica de curvas.
  • Inferencia en poblacións finitas.
  • Análise de supervivencia.
  • Estatística espacial.
  • Contrastes de especificación.
  • Inxeniería financiera.
  • Modelos aditivos.
  • Aplicacións estatísticas no ámbito biosanitario.
  • Aplicacións estatísticas no ámbito do medio ambiente.
  • Aplicacións estatísticas no ámbito das finanzas, ...

Na área da Investigación de Operacións:

  • Xogos non cooperativos.
  • Xogos cooperativos.
  • Asignación de custos.
  • Deseño de tarifas.
  • Problemas de bancarrota.
  • Índices de poder.
  • Subastas.
  • Problemas computacionais en teoría de xogos.
  • Teoría da decisión.
  • Elección social.
  • Métodos de programación matemática.
  • Teoría de colas.
  • Modelos de inventario.
  • Optimización en redes de fluxo.
  • Problemas de transporte.
  • Problemas de asignación.
  • Problemas de rutas.
  • Problemas de planificación e secuenciación.
  • Modelos interactivos da investigación operativa.
  • Conexións entre a teoría de xogos e a inferencia estatística.