ÚLTIMAS NOVAS
- Fundación BBVA: Bolsas Leonardo á investigación e á creación cultural 2025
- IX Convocatoria de axudas a proxectos de Tecnoloxías Accesibles – Indra Group e Fundación Universia
- Curso de Intelixencia Artificial – Samsung Innovation Campus (UPV e UMA)
- Seminario en liña EURO sobre Investigación Operativa e Aprendizaxe Máquina – 12 de maio de 2025
- Novas da SGAPEIO, 4 de maio de 2025
Acceso socios



Novas da SGAPEIO, 4 de maio de 2025
1.- XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) organiza o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Nesta ocasión, o congreso celebrarase en OURENSE do 23 ao 25 de OUTUBRO de 2025. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que intentaremos facer mais atractiva a participación. O obxectivo deste congreso é contribuír á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica da Estatística e da Investigación de Operacións.
O Comité Organizador convida a todos aqueles vinculados coa Estatística e a Investigación de Operacións a participar nestas xornadas, amosando as súas experiencias e resultados máis recentes.
Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es/
2.- XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) ven de convocar o XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Formación Profesional Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: desde o 24 de marzo ata o 7 de abril de 2025.
- Entrega dos traballos finalizados: desde o 24 de marzo ata o 11 de abril de 2025.
- Fallo do xurado: do 19 ao 23 de maio de 2025.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3659-xv-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos.
3.- VII Summer School en Ciencia de Datos – Universitat de València
A Universitat de València organiza a VII edición da Summer School “Challenges in Data Science: Big Data, Biostatistics, Artificial Intelligence”, que terá lugar do 1 ao 3 de xullo de 2025 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Este programa intensivo abordará os principais retos actuais en ciencia de datos, cun enfoque práctico e interdisciplinario en áreas como big data, biostatística e intelixencia artificial. A escola está dirixida a estudantes, investigadores/as e profesionais interesados/as en adquirir ou reforzar competencias técnicas neste ámbito emerxente.
Máis información: https://esdeveniments.uv.es/127543/detail/vii-edition-summer-school-challenges-in-data-science-big-bata-biostatistics-artificial-intelligence.html
4.- IE-RSME Workshop 2025 – IE University
A IE University organiza o workshop Understanding and Responding to Extreme Events: A Multidisciplinary Approach, no marco da serie IE-RSME sobre Matemática Aplicada e Transferencia de Coñecemento. O evento terá lugar o 13 de maio de 2025 na IE Tower de Madrid e centrarase no papel das matemáticas e da ciencia de datos na resposta ante desastres climáticos, crises humanitarias e outros eventos extremos.
- Participarán como relatoras principais: Ana C. Cebrián Guajardo, José Luis Casado, Manuel J. Castro Díaz e Begoña Vitoriano.
- Envío de propostas: Ábrese a convocatoria para presentacións breves (3–10 minutos) e pósters en áreas como modelado estatístico, predición, investigación operativa e resposta ante emerxencias. Os resumos (máx. 200 palabras) deben enviarse a manuele.leonelli@ie.edu ata o 30 de abril de 2025 (prazo flexible).
Máis información: https://ieconnects.ie.edu/iersmeworkshops/rsvp_boot?id=300377263
5.- Seminario en liña EURO sobre Investigación Operativa e Aprendizaxe Máquina – 12 de maio de 2025
O domingo 12 de maio de 2025 ás 16:30 h (CET) celebrarase unha nova sesión do EURO Online Seminar Series on Operational Research and Machine Learning, unha iniciativa que promove o papel da investigación operativa na intelixencia artificial.
Nesta ocasión, o profesor Antonio Alonso Ayuso presentará a revista TOP – Transactions in Operations Research como coeditor xefe. A seguir, a profesora Francesca Maggioni (Universidade de Bérgamo) impartirá a charla "Learning Fair and Robust Support Vector Machine Models".
O ciclo ten lugar os luns de 16:30 a 17:30 CET, é de acceso totalmente gratuíto e en liña, e está apoiado por EURO, a Universidade de Sevilla e Copenhagen Business School. Inscrición: Para recibir o enlace de acceso, cómpre rexistrarse na lista de correo: https://forms.gle/YWLb6EPKRQnQert68
Máis información:
6.- Selección de congresos internacionais de Estatística e IO 2025
A continuación, preséntanse algúns congresos internacionais de estatística e investigación operativa que terán lugar en 2025. Estes eventos ofrecen unha excelente oportunidade para investigadores, profesionais e estudantes de compartir coñecementos, presentar os seus traballos e establecer colaboracións.
- ICSA China Conference 2025: Conferencia organizada pola International Chinese Statistical Association (ICSA), que se celebrará en Zhuhai, China, do 28 ao 30 de xuño de 2025. Máis información: https://china2025.icsa.org/.
- CFE-CMStatistics 2025: Conference on Computational and Financial Econometrics e CMStatistics 2025, que terá lugar en Londres, Reino Unido, do 13 ao 15 de decembro de 2025. Máis información: https://www.cmstatistics.org/CFECMStatistics2025/.
- IWSM 2025: 39th International Workshop on Statistical Modelling: Conferencia que se celebrará en Limerick, Irlanda, do 13 ao 18 de xullo de 2025. Máis información: https://iwsm2025.ie/.
- ICoDSA 2025: 8th International Conference on Data Science and Its Applications: Congreso internacional sobre ciencia de datos, que terá lugar en Bandung, Indonesia, do 3 ao 5 de xullo de 2025. Máis información: https://commdis.telkomuniversity.ac.id/icodsa/2025/.
- USCOTS 2025: U.S. Conference on Teaching Statistics: Conferencia sobre o ensino da estatística organizada por CAUSE, que terá lugar en Ames, Iowa (EE.UU.), do 17 ao 19 de xullo de 2025. Máis información: https://www.causeweb.org/cause/uscots/uscots25.
- OR 2025: International Conference on Operations Research: Congreso anual da Sociedade Alemá de Investigación Operativa (GOR), que se celebrará en Bielefeld, Alemaña, do 2 ao 5 de setembro de 2025. Máis información: https://or2025.de/.
- CCAIMB 2025: Conference on Computational and Artificial Intelligence for Mechanics and Biomechanics: Conferencia internacional sobre métodos computacionais e intelixencia artificial aplicada á mecánica e biomecánica, que terá lugar en Porto, Portugal, os días 18 e 19 de setembro de 2025. Máis información: https://ccaimb.wordpress.com/.
Todos estes eventos poden ser unha excelente oportunidade para estar ao día dos últimos avances na estatística, IO e as súas aplicacións, así como para establecer contactos con outros profesionais do sector.
7.- Curso de Intelixencia Artificial – Samsung Innovation Campus (UPV e UMA)
O Samsung Innovation Campus, en colaboración coa Universitat Politècnica de València (UPV) e a Universidade de Málaga (UMA), organiza un curso intensivo e gratuíto de 350 horas centrado en Machine Learning, procesamento de linguaxe natural, redes neuronais e Deep Learning. O curso desenvolverase en dúas fases: do 29 de abril ao 31 de xullo de 2025 en modalidade presencial na UPV (València), e do 8 de setembro ao 16 de decembro de 2025 en formato en liña con sesións en directo desde a UMA.
Inscrición: a data límite para realizar a inscrición é o 12 de xuño.
Máis información: https://news.samsung.com/es/samsung-innovation-campus-lanza-una-nueva-convocatoria-centrada-en-la-formacion-gratuita-en-ia-en-colaboracion-con-la-upv-y-la-uma
8.- Doing Good with Good OR – INFORMS Student Competition 2025
O Institute for Operations Research and the Management Sciences (INFORMS) convoca unha nova edición do certame Doing Good with Good OR, orientado a recoñecer proxectos de investigación estudantil que empregan técnicas de investigación operativa e ciencia da xestión para xerar un impacto social positivo.
Os estudantes participantes deberán presentar un resumo de ata 600 caracteres e un documento de máximo 3 páxinas, explicando o impacto do seu proxecto e a metodoloxía de IO empregada. Ademais, será necesario incluír unha carta de referencia do titor académico e outra de nominación da organización colaboradora.
Prazo de presentación: ata o 15 de maio de 2025 ás 23:59 h (hora do Pacífico).
Máis información: https://www.informs.org/Recognizing-Excellence/INFORMS-Prizes/Doing-Good-with-Good-OR-Student-Paper-Competition/Doing-Good-with-Good-OR-Application-Process
9.- IX Convocatoria de axudas a proxectos de Tecnoloxías Accesibles – Indra Group e Fundación Universia
Indra Group e Fundación Universia lanzan a 9ª edición da convocatoria de axudas a proxectos de Tecnoloxías Accesibles, destinada a apoiar iniciativas que melloren a inclusión e a calidade de vida das persoas con discapacidade mediante a tecnoloxía. As axudas están dirixidas a universidades, centros de investigación e entidades sen ánimo de lucro.
Prazo de presentación: ata o 11 de xuño de 2025 ás 23:59 h.
Máis información: https://www.tecnologiasaccesibles.com/es/concurso/form
10.- Fundación BBVA: Bolsas Leonardo á investigación e á creación cultural 2025
As Bolsas Leonardo 2025 da Fundación BBVA están destinadas a apoiar o traballo de investigadores e creadores culturais de entre 30 e 45 anos que se atopen nun estadio intermedio das súas traxectorias profesionais. As bolsas están abertas a diversas áreas do coñecemento, incluíndo matemáticas, TIC, enxeñaría, ciencias sociais ou biomedicina, entre outras. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio de 2025 ás 14:00 h.
Máis información: https://www.redleonardo.es/informacion-bases-becas-red-leonardo/?cid=eml::eip:00049481-leonardo_2025_mailing--:-comun-::bases::::::esp::
11.- Universidad Carlos III de Madrid – Profesor/a Axudante Doutor/a en Estatística
O Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid convoca catro prazas de Profesor/a Axudante Doutor/a, con incorporación prevista en setembro de 2025. As persoas candidatas deberán contar cun doutoramento en estatística ou áreas afíns, e demostrar un dominio excelente do inglés, xa que se impartirá docencia neste idioma tanto a nivel de grao como de posgrao. O contrato terá unha duración de seis anos, cun salario bruto base de 26.000 € anuais, complementado pola universidade. As persoas solicitantes non comunitarias deberán contar coa documentación legal para formalizar contrato en España antes da incorporación.
Prazo de solicitude: ata o 14 de maio de 2025 ás 14:00 h (hora peninsular española).
Máis información:
Número 69 de INFORMEST
INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Marzo de 2025. Número 69
Colaboración
Recesión
Actividades da SGAPEIO
Novas
Novas do IGE
Traballos de Estatística e IO
Coñecéndonos
Estatística recreativa
XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Primeira circular
Temos o pracer de anunciar a celebración do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2025 que terá lugar no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, do 23 ao 25 de outubro de 2025.
O congreso está organizado polo departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), e forma parte dos congresos bianuais promovidos por esta sociedade. Coma en edicións anteriores, a finalidade deste congreso é a divulgación na investigación e no ensino das innovacións da Estatística e a Investigación de Operacións. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse mesas redondas, obradoiros, sesións de comunicacións orais e tipo póster, e conferencias plenarias impartidas por distinguidos relatores.
O programa ofrecerá ademais actividades de carácter social e cultural, que agardamos sexan do agrado dos asistentes.
Nesta edición a programación incluirá diferentes xornadas, entre elas:
- II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións.
- Sesión Biometría Galicia – Portugal, que se organiza conxuntamente coa Sociedade Portuguesa de Estatística.
Mais información sobre o congreso (programa científico, inscrición, presentación de traballos, datas límite etc.) na web http://xviicongreso.sgapeio.es/, ou contactando a través do correo electrónico congreso.sgapeio2025@uvigo.es.
Confiamos que sexa do voso interese e agardamos a vosa participación.